Este será el blog conmemorativo de cada una de las ediciones de la ruta BTT Santa Cruz Bike. Lugar donde podremos estar informados de rutas, fechas, inscripciones, fotos y sobre todo donde mantener el contacto entre gente que tiene pasión por el ciclismo.

REGULAMENTO

“II RUTA BTT SANTA CRUZ BIKE” (Sober)

Marcha Social Non Federada e Non Competitiva

  1. O Concello de Sober, organiza a II Ruta BTT Santa Cruz Bike – Marcha Social non Federada e non competitiva, cun percorrido de 45 km/aprox., de dificultade técnica e física media-alta. A mesma será de carácter non competitivo. Ao longo do percorrido haberá numerosas alternativas que diminúen a dificultade e a distancia, facendo así unha ruta curta con dificultade física e técnica media-baixa de 28 km.
  2. A concentración e entrega de dorsais terá lugar dende as 8:30 horas ata as 9:45 horas do sabado 31 de agosto no campo da festa de Santa Cruz de Brosmos (ao lado da igrexa). A saída dos participantes da ruta BTT efectuarase ás 10:00 horas do mesmo lugar.
  3. A participación na proba incluirá o avituallamento sólido e líquido (bebida, froita e bolería) nos lugares de Vilacha e Doade, ao rematar a ruta desfrutaremos duns pinchos no campo da festa. Tamén contaremos con servizo de ambulancia así como seguro de Responsabilidade Civil. Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.
  4. Cada participante será responsable do seu propio material de avaría. No caso de avaría non reparable polo participante, este terá que desprazarse a un cruce asfaltado onde será recollido pola organización.
  5. O emprego do casco é obrigatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da ruta. A organización non se fai responsable dos accidentes nos que puidera ser causa a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes puideran ocasionar durante a realización da marcha.
  6. O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais, forestais e de monte do Concello de Sober e Monforte de Lemos, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.
  7. Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados no punto de avituallamento e de inicio e final da ruta.
  8. En todo momento respectaranse e acataranse as ordes e directrices da organización, non adiantando en ningún momento ao vehículo que abre aproba, o cal será obxecto de descualificación inmediata.
  9. A Organización contará con servizo de ambulancia a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil (limitado), non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
  10. A Organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.
  11. O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.

Deja un comentario